lunes, 10 de mayo de 2010

CASA DAS ABELLAS

O día 21 de abril fomos de excursión á Casa das Abellas, en Abegondo. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas destes pequenos insectos.
 
 


 
 
 
 
   
Mirade que guapos estamos vestidos de apicultores!

Fixemos unha vela e aprendimos como se elaboraba o mel:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Que ben o pasamos!

lunes, 19 de abril de 2010

CHEGOU A PRIMAVERA!

Chegou a primavera a Xaviña e nós por suposto decoramos a clase para recibila, fixemos un mural moi colorido que nos alegra a aula.

jueves, 8 de abril de 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA

Despois das vacacións de Semana Santa volvemos moi inspirados polo que aproveitamos o papel reciclado que fixemos con Auria para converternos en pintores e facer un cadro moi moi colorido co que adornaremos a clase.











martes, 30 de marzo de 2010

REMATAMOS O TRIMESTRE

Xa rematou o segundo trimestre, a verdade e que se nos pasou voando. Fixemos moitas cousas, estas son as carpetas que elaboramos para levar á casa todas as fichas e traballos do trimestre, mirade que bonitas!


PASADE TODOS UNHAS BOAS VACACIÓNS!!


ÁRBORE XENEALÓXICA

Estivemos traballando o tema da "Familia", despois de pedir información nas nosas casas sobre a mesma, fixemos unha arbore xenealóxica!