viernes, 30 de mayo de 2014

Furia chega a escola

Este mércores visitounos o papa de Xurxo para contarnos un conto e xa que estamos a traballar todo o relacionado coa China, aproveitou para falarnos de cousas novas. Pero o mellor de todo foi que nos trouxo un agasallo: un coelliño!! Unha vez máis fixemos unha votación para elixir o seu nome e decidimos entre todos que se chamará Furia!! Ahora temos que coidalo e gracias a él estamos aprendendo moitas cousas novas! MOitas gracias!!!

jueves, 22 de mayo de 2014

Contacontos

O mércores veu a mami de Anxo a contarnos un conto moi entretido e que nos gustou moito. Ademáis tivemos a sorte de que nos contara un capítulo dun libro de dragóns moi divertido. E non veu sola!! O irmán de Anxo, Iago fíxonos unha visita e nós encantad@s!! Moitas gracias por vir Mónica e Iago!

Día das Letras Galegas

Todos xuntos celebramos o día das Letras Galegas que este ano adicouselle a Xose María Díaz castro. Aprendimos moitas cousas del e tamén de Rosalía de Castro e o importante que foi para Galicia.

Recollida de premios

O Martes fomos a Coristanco para recoller o premio do concurso literario de Coristanco, xa que os nenos do primer ciclo de primaria do noso colo gañaron na modalidade de comic. Ata saímos no xornal!!!

jueves, 15 de mayo de 2014

Xa temos mascota: Iago a ra!

Que sorpresa nos trouxo Xurxo e o seu papá: unha ra! Entre todos fixemos unha votación dos nomes que máis nos gustaban e saliu elexido Iago! Ahora temos que coidala e alimentala. Mirando en internet descubrimos que comen todo tipo de insectos así que no recreo buscamos formigas e mosquitos... Os nenos e as nenas están encantados!

A visita do faraón

O mércores vistounos un faraón chegado do Antigo Exipto que nos contou cousas sobre Exipto que ainda non sabiamos e deixounos un libro moi chulo. Ademáis nos contou un conto que nos encatou! Moitas gracias, esperamos que volvas!!!

sábado, 10 de mayo de 2014

Os Maios

O venres celebramos a festa dos Maios, moi típica no sur de Galicia. Todos os nenos e nenas trouxeron flores preciosas de tódalas formas e cores, e entre todos construimos a nosa pirámide floral.

Hospital de libros

Willy Book escribiunos unha carta e pediunos que na nosa clase tiveramos un hospital de libros para colocar todos os libros que estén en mal estado e así arreglalos entre todos..... E así o fixemos!!

jueves, 8 de mayo de 2014

Viaxamos a Exipto!!

Neste último trimestre imos realizar un proxecto sobre os países do mundo. Os nenos de Xaviña comezamos visitando EXIPTO. Aprendimos moitas cousas sobre o Antigo Exipto e a súa cultura... Aquí vos deixo algunhas fotos das cousas que fixemos... Convertímonos en momias:
Desciframos XEROGLÍFICOS
Fixemos un brazalete coma os dos faraons...
¿A donde viaxaremos agora?.....
Continuará......