domingo, 27 de noviembre de 2016

ANIVERSARIO EN NOVEMBRO

ESTE MES DE NOVEMBRO REMATA CO ANIVERSARIO DE IAGO. 
XA TEMOS 4 ANIÑOS!!! MOITOS PARABÉNS!!!




QUE BEN O PASAMOS!!!! ALGÚN CHEGOULLE A POUCO!


jueves, 17 de noviembre de 2016

O OUTONO

QUE BEN O PASAMOS NO OUTONO!!!
OLLADE CANTAS COUSAS ESTAMOS FACENDO!

AQUÍ UN PEQUENO RESUMO:


miércoles, 16 de noviembre de 2016

IMOS O TEATRO!

ESTE MES DE NOVEMBRO ESTÁ DANDO PARA MOITO. NADA MAIS COMEZAR TIVEMOS 2 SAÍDAS A AULA DE USOS MÚLTIPLES DO CONCELLO, PARA VER 2 OBRAS DE TEATRO.
A PRIMEIRA: O DÍA QUE CHEGOU UNHA NUBE E CHOVEU
E A SEGUNDA: TITA

AQUÍ UN PEQUENIÑO RESUMO:

martes, 1 de noviembre de 2016

MAGOSTO

AQUÍ UN PEQUENIÑO RESUMO DO MAGOSTO

Onde bailaron e xogaron o ritmo da profe Bea, así como fixeron o seu disfrace de vampiro, despois de pasar por todos os talleres. Quedaron moi guap@s!!! e para ir rematando nada mellor que comer castañas asadas.. e algunha que outra lambonada. Por último xogamos co paracaídas e a rá. Foi unha mañá ben divertida! 




SAMAÍN


O xoves a escola de Xaviña estaba diferente: arañas, monstruos, bruxas, vampiros.....  e que neste Samaín non pode faltar de nada! 


DÍA DAS BIBLIOTECAS

O LUNS 24 DE OUTUBRO VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CORISTANCO.

Grazas a  Maruxa Poppins, que nos achegou un chisquiño mais o mundo máxico dos libros, e grazas a eles a desenvolver a imaxinación, e pasar un ratiño divertido. 


Ademais de escoitar os contos de Maruxa Poppins, escribimos unha palabra nun papel que deixamos polas escaleiras da biblioteca... unha vez alí Maruxa deunos o carné da biblio e... cantos contiños!!



domingo, 23 de octubre de 2016

MAGOSTO

Este VENRES DÍA 28 DE OUTUBRO, festexaremos no edificio de DE USOS MÚLTIPLES O MAGOSTO E SAMAÍN.  Alí @s nen@s comerán castañas e farán  actividades vencelladas a esta festividade. 
O horario será o habitual das escolas: 9:15-14:15.
Para esta actividade imos precisar:

  1. Que cada nen@ traia un puño de castañas, xa picadas, antes do MÉRCORES 26.
  2. Para levar a cabo esta actividade, @s nen@s terán que ir en bus, para cubrir este gasto, cada nen@ deberá aportar: 2,50 euros. 

Moitas grazas!

martes, 18 de octubre de 2016

DIA DA BIBLIOTECA

Familias:
O vindeiro luns 24 de outubro faremos unha saída á biblioteca do concello, onde nos teñen preparadas unha serie de actividades para facer cos nen@s, co motivo do día da biblioteca.
A visita será de 10 a 12 horas aproximadamente. @s nen@s irán en autobus dende as escolas, xa que o horario será o mesmo de todos os días: 9:15 a 14:15.
Aqueles nen@s que non teñan carnet de biblioteca municipal ou queiran facelo, terán que levar ese día unha foto tamaño carné.

domingo, 9 de octubre de 2016

XA ESTAMOS NO OUTONO



AVISO FAMILIAS:

Coa chegada o Outono, todo está cheo de follas. E na nosa escola imos precisar  follas para diferentes actividades. Así que o longo da semana @s nen@s deberán traer folliñas diferentes.
Moitas grazas!

ANIVERSARIOS



OS PRIMEIROS ANIVERSARIOS DESTE CURSO ESCOLAR 2016-2017 XA ESTÁN AQUÍ. 
O VENRES PASADO AXUDAMOS A SOPLAR AS 6 VELIÑAS DE CARLA ( QUE OS CUMPLIU NO MES DE AGOSTO) E ANTÍA QUE ESTIVO O DÍA 27 DE SETEMBRO.
AQUÍ UNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA:

CADA NENA FIXO A SÚA COROA

  E PARA FESTEXAR.... TARTA DE LUNA!


MOITOS PARABÉNS CARLA E ANTÍA!!!!

martes, 6 de septiembre de 2016

COMEZAMOS DE NOVO!!!

CURSO ESCOLAR 2016-2017

INFORMACIÓN FAMILIAS

REUNIÓN :

ESTE VENRES,

9 DE SETEMBRO AS 11 HORAS 

ESCOLA DE XAVIÑA.


O CURSO DARÁ COMEZO O

 LUNS DÍA 12

A XORNADA ESCOLAR SERÁ DE 9:15 A 14:15