domingo, 23 de octubre de 2016

MAGOSTO

Este VENRES DÍA 28 DE OUTUBRO, festexaremos no edificio de DE USOS MÚLTIPLES O MAGOSTO E SAMAÍN.  Alí @s nen@s comerán castañas e farán  actividades vencelladas a esta festividade. 
O horario será o habitual das escolas: 9:15-14:15.
Para esta actividade imos precisar:

  1. Que cada nen@ traia un puño de castañas, xa picadas, antes do MÉRCORES 26.
  2. Para levar a cabo esta actividade, @s nen@s terán que ir en bus, para cubrir este gasto, cada nen@ deberá aportar: 2,50 euros. 

Moitas grazas!

martes, 18 de octubre de 2016

DIA DA BIBLIOTECA

Familias:
O vindeiro luns 24 de outubro faremos unha saída á biblioteca do concello, onde nos teñen preparadas unha serie de actividades para facer cos nen@s, co motivo do día da biblioteca.
A visita será de 10 a 12 horas aproximadamente. @s nen@s irán en autobus dende as escolas, xa que o horario será o mesmo de todos os días: 9:15 a 14:15.
Aqueles nen@s que non teñan carnet de biblioteca municipal ou queiran facelo, terán que levar ese día unha foto tamaño carné.

domingo, 9 de octubre de 2016

XA ESTAMOS NO OUTONO



AVISO FAMILIAS:

Coa chegada o Outono, todo está cheo de follas. E na nosa escola imos precisar  follas para diferentes actividades. Así que o longo da semana @s nen@s deberán traer folliñas diferentes.
Moitas grazas!

ANIVERSARIOS



OS PRIMEIROS ANIVERSARIOS DESTE CURSO ESCOLAR 2016-2017 XA ESTÁN AQUÍ. 
O VENRES PASADO AXUDAMOS A SOPLAR AS 6 VELIÑAS DE CARLA ( QUE OS CUMPLIU NO MES DE AGOSTO) E ANTÍA QUE ESTIVO O DÍA 27 DE SETEMBRO.
AQUÍ UNHAS FOTIÑOS DESTE DÍA:

CADA NENA FIXO A SÚA COROA

  E PARA FESTEXAR.... TARTA DE LUNA!


MOITOS PARABÉNS CARLA E ANTÍA!!!!