martes, 30 de marzo de 2010

REMATAMOS O TRIMESTRE

Xa rematou o segundo trimestre, a verdade e que se nos pasou voando. Fixemos moitas cousas, estas son as carpetas que elaboramos para levar á casa todas as fichas e traballos do trimestre, mirade que bonitas!


PASADE TODOS UNHAS BOAS VACACIÓNS!!


ÁRBORE XENEALÓXICA

Estivemos traballando o tema da "Familia", despois de pedir información nas nosas casas sobre a mesma, fixemos unha arbore xenealóxica!


lunes, 15 de marzo de 2010

PAPEL RECICLADO

Auria fíxonos unha visita para falarnos de un problema moi importante que temos hoxe en día, como é a contaminación. Falamos do tema, vimos vídeos relacionados con esa problemática e tamén fixemos papel reciclado. Mirade:













jueves, 11 de marzo de 2010

PLANTAS AROMÁTICAS

Diego trouxonos unhas sementes de plantas aromáticas: albahaca, tomillo, ruda,.....e nós non dudamos en facerlles un sitiño no noso recuncho das plantas!agora a esperar a ver se temos sorte e perfumamos a clase!



domingo, 7 de marzo de 2010

SEGUIMOS PLANTANDO

Como se nos deu tan ben o de plantar, seguimolo facendo, esta vez: lentellas! Utilizamos: algodón, auga, un vaso e por suposto lentellas. En pouquiño tempo comezaron a xerminar, e cada vez están máis grandes!!












lunes, 1 de marzo de 2010

PLANTAMOS

No outono Auria trouxonos landras e castañas para que plantáramos na clase, despois de pasar un tempo e coidalas moito mirade o resultado:


ENTROIDO

Como estabamos a traballar os animais, neste Entroido disfrazámonos de Xirafas!! Mirade o resultado, estabamos guapos a que si?? pero non pensedes que foi sinxelo como vedes aqui, o noso traballiño nos deu!