jueves, 23 de diciembre de 2010

VIVA O NADAL!!

Tamén decoramos un pouquiño máis a clase, e fixemos debuxos e adornos para estas datas!!! O espírito do Nadal está invadindo Xaviña!

 

AS NOSAS ESTRELAS DE NADAL


Seguimos preparándonos para o Nadal, agora toca decorar a Sede para celebrar a festa, e mirade que estrelas tan bonitas fixeron os nosos nenos con axuda das súas familias!
Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración son preciosas!!




 

lunes, 13 de diciembre de 2010

XA CHEGA O NADAL!


O Nadal está cada vez máis preto e temos que prepararnos para a súa chegada! Así que  comezamos a decorar a escola, e puxemos unha gran árbore!!!Mirade que bonita nos quedou!!

 

miércoles, 8 de diciembre de 2010

SAIMOS Ó TEATRO

O concello invitounos  a ir a ver unha obra de teatro, e nos como non acudimos encantados! 


miércoles, 24 de noviembre de 2010

MATRIOSKA


Hoxe a profe Mariaje contounos o conto das bonecas rusas!! Que bonito, encantounos!! Despois pintamos as nosas Matrioskas, quedaron preciosas!

 

viernes, 19 de noviembre de 2010

MAGOSTO!!

Este ano celebramos o Magosto no cole "Xosé Pichel", alí coñecimos a outros nenos, comimos castañas e fixemos xogos divertidos!
Primeiro fixemos uns botes moi bonitos para botar as castañas, mirade que coloridos: 



E despois a polas castañas!!!!

viernes, 12 de noviembre de 2010

FELICIDADES IVAN!!

Tócalle agora o turno  a Ivan, que cumpleu 3 anos!!! como non podía ser menos, celebramolo como se merece, con tarta, coroa e baile!!!Mirade a festa que fixemos:

martes, 9 de noviembre de 2010

O NOSO BUZÓN!

Ultimamente estamos recibindo algunha carta importante na aula e iso fixo que mostraramos un gran interese en saber cómo se escriben cartas. Xa fixemos algunha proba pero necesitabamos algo importante: o buzón de correos! Mirade que bonito. Agora xa nos podedes escribir cando queirades!!

lunes, 8 de noviembre de 2010

SAIDA DE OUTONO!

Como xa hai días que comezou o outono non puidemos esperar máis para ir a comprobalo, asique cargados de cubos e bolsas saímos a ver que atopabamos, mirade o resultado!

Con todas as cousas que vimos decoramos a nosa árbore de outono:

lunes, 1 de noviembre de 2010

SAMAÍN!!!

O venres celebramos a festa do Samaín, decoramos cabazas, pintamos pantasmas...e fixemos unha merenda moi moi rica con froitos de outono!! A que ten boa pinta a nosa macedonia??











Despois de un poquiño de medo, era hora de comer!! que rico!

domingo, 24 de octubre de 2010

EXCURSIÓN A ROISER

A semana pasada fomos de excursión á panadería Roiser. Foi unha gran saída, pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas, e ademais levamos para a casa un regaliño.
Moitas grazas a todos os panadeiros que se portaron moi ben con nós!