sábado, 21 de junio de 2014

Felices Vacacións e ata sempre!!

Rematou o curso, e que rápido!! Teño que decir que estou algo triste de deixar este gran cole, cheo de persoas increibles!! Desde os máis maiores ata os máis peques! Quero dar as gracias a os meus compañeiros por todo, as familias polo seu traballo, a Miriam por todos os bos consellos que me deu e sobre todo os 14 nenos e nenas de Xaviña: Antia, Alejandra, Noa, Natalia,Carla, Leonor, Andrea, Sofía, Adriana, Xurxo, Anxo, Iván, Cris e Pablo moitas gracias por tódolos momentos increibles que me fixechedes pasar, espero que nunca vos olvidedes de min, porque eu sempre vos vou levar nun ladiño do meu corazón. Deséxovos moita sorte para o curso que ben, en especial a Cris e Pablo na nova etapa. É increible como unhas personiñas que levan tan pouco tempo neste mundo, poden facer cousas tan grandes!!! Que pasedes un bo verán! Un bico enormeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!

Cumpleanos de Adriana

Como o cumple de Adriana é uns días despois de que remate o cole, decidimos celebralo o xoves pasado. Fixemos unha festa moi divertida, na que merendamos e bailamos todos xuntos. ¡Qué ben o pasamos!

lunes, 16 de junio de 2014

A casa dos peixes

Todos os nenos e nenas do CRA Novo Mencer visitamos o aquarium Finisterrae. O pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas sobre peixes, tiburons, pulpos, focas.... Ademáis como fixo un día estupendo aproveitamos para ir xogar a un parque cercano despois da visita. Aquí vos deixo algunhas das fotos, non son moi boas, porque no acuario non podemos usar o flash.

sábado, 7 de junio de 2014

O cine en Xaviña

Xa falta pouco para acabar o cole, e como somos tan traballadores, de vez en cando toca descansar... por eso convertimos a nosa aula nun cine e vimos a película de Brave con palomitas incluídas!

Xogando con Furia

Furia, o noso coello está moi contento con nós! Xa nos coñece e todos encargámonos de coidalo e o outro día decidimos sacalo o patio para xogar! Estaba encantado!

Conto do papá de Andrea

Este mércores visitounos o pai de Andrea que nos contou varios contos tradicionais que nos gostaron moito! Ademáis regalounos un libro para a nosa clase. Moitas gracias!!!

Viaxamos a China

Despois dunha viaxe moi interesante a Exipto, fomos á China onde aprendimos moitas cousas novas como por exemplo a escribir o noso nome en chino, descubrimos todos os seu inventos, probamos a comer con palillos, vestímonos cun kimono de seda e moitas cousas máis sobre este gran país. Aquí vos deixo algunhas das fotosque fixemos.