miércoles, 24 de noviembre de 2010

MATRIOSKA


Hoxe a profe Mariaje contounos o conto das bonecas rusas!! Que bonito, encantounos!! Despois pintamos as nosas Matrioskas, quedaron preciosas!

 

viernes, 19 de noviembre de 2010

MAGOSTO!!

Este ano celebramos o Magosto no cole "Xosé Pichel", alí coñecimos a outros nenos, comimos castañas e fixemos xogos divertidos!
Primeiro fixemos uns botes moi bonitos para botar as castañas, mirade que coloridos: 



E despois a polas castañas!!!!

viernes, 12 de noviembre de 2010

FELICIDADES IVAN!!

Tócalle agora o turno  a Ivan, que cumpleu 3 anos!!! como non podía ser menos, celebramolo como se merece, con tarta, coroa e baile!!!Mirade a festa que fixemos:

martes, 9 de noviembre de 2010

O NOSO BUZÓN!

Ultimamente estamos recibindo algunha carta importante na aula e iso fixo que mostraramos un gran interese en saber cómo se escriben cartas. Xa fixemos algunha proba pero necesitabamos algo importante: o buzón de correos! Mirade que bonito. Agora xa nos podedes escribir cando queirades!!

lunes, 8 de noviembre de 2010

SAIDA DE OUTONO!

Como xa hai días que comezou o outono non puidemos esperar máis para ir a comprobalo, asique cargados de cubos e bolsas saímos a ver que atopabamos, mirade o resultado!

Con todas as cousas que vimos decoramos a nosa árbore de outono:

lunes, 1 de noviembre de 2010

SAMAÍN!!!

O venres celebramos a festa do Samaín, decoramos cabazas, pintamos pantasmas...e fixemos unha merenda moi moi rica con froitos de outono!! A que ten boa pinta a nosa macedonia??











Despois de un poquiño de medo, era hora de comer!! que rico!