miércoles, 22 de septiembre de 2010

XA ESTAN LISTOS OS NOSOS ANIMAIS DE PATACAS!!

Despois de falar das patacas, lavalas e traballar con elas, xa temos listos os nosos animais!!! Cada un pintouno do color que mais lle gustou e decorouno con moito estilo.
Mirade que ben nos quedaron!!


sábado, 18 de septiembre de 2010

NOS TAMÉN CELEBRAMOS A FESTA DA PATACA!

Este fin de semana celébrase en Coristanco a festa da pataca, así que nós tamén quixemos celebrala á nosa forma!!

Falamos das patacas, lavámolas e utilizámolas para facer con elas animais! Aínda que non están acabados, xa van collendo forma!
 




miércoles, 15 de septiembre de 2010

ESTAMOS DE VOLTA!!!

Xa se acabaron as vacacións e estamos aquí outra vez! Comezamos o curso 2010-2011 con moitas ganas e esperando que sexa polo menos tan bo como o pasado.
A pesar de que os primeiros días da escola foron un pouco “accidentados”, estamos xa regresando á normalidade e preparándonos  para comezar.

Este curso temos algunha novidade, unha delas é que algúns profes xa non están este ano, e temos algúns novos, así que dende aquí lle damos a benvida e Vanesa (a profe de Inglés), a Celia ( a profe de Educ. Física) a Manuel (o titor de Mira), a Salomé (a titora de Feiranova) e a Mariaje (que aínda que xa a coñeciamos, este ano vai a estar con nos como profe de apoio).

Temos tamén compañeiros novos na aula, pois xa non somos 7 nenos/as como o ano pasado, agora somos 10! Así que tamén saudamos a Iván, Anxo e Xurxo, que seguro que  van a estar moi a gusto a partir de agora co todos nós e se van a converter en protagonistas de este blog.

Seguro que van a ir aparecendo máis novidades pouco a pouco, así que estade atentos  para non perdervos ningunha!

Damos por tanto inagurado o novo curso na escola de Xaviña!!! BENVIDOS!