jueves, 16 de junio de 2011

PROXECTO SOBRE PAUL KLEE

Ó longo do curso traballamos nun proxecto de arte sobre o pintor Paul Klee.
Partimos do conto do elefante "Elmer" que nos encanta, xa que o seu autor se baseou nun cadro de Paul Klee para crealo.
 Asi que limos o conto e despois visionamos un montón de cadros de Klee a ver cal se nos parecia a Elmer, e loxicamente logo o atopamos:
Chámase "Flora auf sand", e tomándoo como referencia fixemos o noso primeiro cadro:
Outro cadro que traballamos foi "Danzas causadas por el miedo". Primeiro analizamos o que viamos nel, e a que nos recordaba:
 Despois de estudialo a fondo repasamos as figuras xeométricas facendo a nosa versión de dito cadro:
Un pouco máis adiante, coñecimos outro cadro de Paul Klee, chámase "Golden fish".
Chamounos a atención como destacaba ese peixe dourado nun fondo tan escuro, asique decidimos usar  a "técnica do grattage" para facer algo similar.
O último cadro que traballamos foi "Senecio", que simula un autoretrato:

Despois de observalo ben, fixemos tamén retratos coa axuda de revistas, e quedaron ben divertidos:
Como vedes estamos feitos unhos artistas, que bonitos nos quedaron!!