lunes, 19 de abril de 2010

CHEGOU A PRIMAVERA!

Chegou a primavera a Xaviña e nós por suposto decoramos a clase para recibila, fixemos un mural moi colorido que nos alegra a aula.

jueves, 8 de abril de 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA

Despois das vacacións de Semana Santa volvemos moi inspirados polo que aproveitamos o papel reciclado que fixemos con Auria para converternos en pintores e facer un cadro moi moi colorido co que adornaremos a clase.











martes, 30 de marzo de 2010

REMATAMOS O TRIMESTRE

Xa rematou o segundo trimestre, a verdade e que se nos pasou voando. Fixemos moitas cousas, estas son as carpetas que elaboramos para levar á casa todas as fichas e traballos do trimestre, mirade que bonitas!


PASADE TODOS UNHAS BOAS VACACIÓNS!!


ÁRBORE XENEALÓXICA

Estivemos traballando o tema da "Familia", despois de pedir información nas nosas casas sobre a mesma, fixemos unha arbore xenealóxica!


lunes, 15 de marzo de 2010

PAPEL RECICLADO

Auria fíxonos unha visita para falarnos de un problema moi importante que temos hoxe en día, como é a contaminación. Falamos do tema, vimos vídeos relacionados con esa problemática e tamén fixemos papel reciclado. Mirade: