jueves, 15 de mayo de 2014

Xa temos mascota: Iago a ra!

Que sorpresa nos trouxo Xurxo e o seu papá: unha ra! Entre todos fixemos unha votación dos nomes que máis nos gustaban e saliu elexido Iago! Ahora temos que coidala e alimentala. Mirando en internet descubrimos que comen todo tipo de insectos así que no recreo buscamos formigas e mosquitos... Os nenos e as nenas están encantados!

A visita do faraón

O mércores vistounos un faraón chegado do Antigo Exipto que nos contou cousas sobre Exipto que ainda non sabiamos e deixounos un libro moi chulo. Ademáis nos contou un conto que nos encatou! Moitas gracias, esperamos que volvas!!!

sábado, 10 de mayo de 2014

Os Maios

O venres celebramos a festa dos Maios, moi típica no sur de Galicia. Todos os nenos e nenas trouxeron flores preciosas de tódalas formas e cores, e entre todos construimos a nosa pirámide floral.

Hospital de libros

Willy Book escribiunos unha carta e pediunos que na nosa clase tiveramos un hospital de libros para colocar todos os libros que estén en mal estado e así arreglalos entre todos..... E así o fixemos!!

jueves, 8 de mayo de 2014

Viaxamos a Exipto!!

Neste último trimestre imos realizar un proxecto sobre os países do mundo. Os nenos de Xaviña comezamos visitando EXIPTO. Aprendimos moitas cousas sobre o Antigo Exipto e a súa cultura... Aquí vos deixo algunhas fotos das cousas que fixemos... Convertímonos en momias:
Desciframos XEROGLÍFICOS
Fixemos un brazalete coma os dos faraons...
¿A donde viaxaremos agora?.....
Continuará......