sábado, 25 de enero de 2014

¡Comezamos o segundo trimestre!

Xa voltamos das vacacións con moita forza e enerxia!!! E con nós chegou o inverno, que estivemos a traballar na nosa aula. Fixemos todo tipo de actividades, coma por exemplo o mural do inverno para decorar a nosa aula....
Tamén coa axuda da profe Auria fixemos uns bonecos de neve utilizando materiais de refugallo coma os botes de Actimel....
Ademáis, como chegou o frio e o mal tempo, xa podemos disfrutar do recreo na nova aula do cole, ¡Encántanos estar xogando aqui!
E tamén celebramos o cumple de Leo, o pasamos moi ben, bailamos, xogamos...e merendamos orellas, rosquillas e un biscoito que nos trouxo a súa mamá.

lunes, 23 de diciembre de 2013

Chegou o Nadal. ¡¡ Felices Festas para todos e todas !!

Este último mes fixemos moitas cousas de Nadal na nosa escola. Construimos unha estrela de nadal, pintámola e a decoramos o noso gusto.
Tamén pintamos con acuarelas uns mandalas para decorar a nosa aula:
E lle escribimos a carta os Reis Magos e a Papá Noel para que non se olvidaran dos nosos regalos...
Botamos moito de menos os nosos compañeiros que estiveron coa varicela!! Pero o día do festival de Nadal xa estabamos case todos e o pasamos moi ben!! a actuación saiu xenial e despois xogamos, bailamos merendamos e estivemos con Melchor ó que lle entregamos a carta coas nosas peticións.

Visitamos a fabrica de patacas Bonilla e o MUNCYT.

Todos xuntos visitamos a fabrica de patacas Bonilla e aprendimos como se fan estas patacas tan ricas.
Tamén visitamos o museo MUNCYT. Alí merendamos e fixemos uns helicopteros de papel...

domingo, 1 de diciembre de 2013

¡Cantas cousas fixemos en Novembro!

Celebramos o cumpleanos de Sofía
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow made with Smilebox
Vimos unha obra de teatro, na que os nenos axudaron os protagonistas a atopar a Babo....
Tamén celebramos todos xuntos o Magosto... Que ricas estaban as castañas!
E decoramos a nosa clase poñendo a árbore de Nadal!!

martes, 12 de noviembre de 2013