martes, 1 de noviembre de 2011

XA COMEZOU UN NOVO CURSO

LOGO DE ESPERAR A QUE A NÓSA NOVA MESTRA SE PUXERA Ó DÍA CO BLOG, POR FÍN COMEZAREMOS A VER AS NÓSAS ANDANZAS POR AQUÍ.
ESTE ANO TEMOS UNHA NOVA TITORA QUE SE CHAMA MIRIAM E ADEMAIS TEMOS QUE DAR A BENVIDA A BEA (MESTRA DE APOIO) E A TERESA (MESTRA DE MÚSICA).

MARCHOUSE UNHA COMPAÑEIRA DA ESCOLA, QUE SE CHAMA LUCÍA; DESEXÁMOSCHE MOITA SORTE NO TEU NOVO CAMIÑAR.
 ASÍ MESMO, DÁMOSLLE A BENVIDA A DÚAS COMPAÑEIRAS NOVAS: ADRIANA E SOFÍA. SOMOS 11.

jueves, 16 de junio de 2011

PROXECTO SOBRE PAUL KLEE

Ó longo do curso traballamos nun proxecto de arte sobre o pintor Paul Klee.
Partimos do conto do elefante "Elmer" que nos encanta, xa que o seu autor se baseou nun cadro de Paul Klee para crealo.
 Asi que limos o conto e despois visionamos un montón de cadros de Klee a ver cal se nos parecia a Elmer, e loxicamente logo o atopamos:
Chámase "Flora auf sand", e tomándoo como referencia fixemos o noso primeiro cadro:
Outro cadro que traballamos foi "Danzas causadas por el miedo". Primeiro analizamos o que viamos nel, e a que nos recordaba:
 Despois de estudialo a fondo repasamos as figuras xeométricas facendo a nosa versión de dito cadro:
Un pouco máis adiante, coñecimos outro cadro de Paul Klee, chámase "Golden fish".
Chamounos a atención como destacaba ese peixe dourado nun fondo tan escuro, asique decidimos usar  a "técnica do grattage" para facer algo similar.
O último cadro que traballamos foi "Senecio", que simula un autoretrato:

Despois de observalo ben, fixemos tamén retratos coa axuda de revistas, e quedaron ben divertidos:
Como vedes estamos feitos unhos artistas, que bonitos nos quedaron!!

lunes, 30 de mayo de 2011

O NOSO ACUARIO PARTICULAR!!

Despois de visitar o Acuario da Coruña, na nosa clase tamén quixemos ter un pero un poquiño especial, fixémolo con pratos de prástico e a verdade é que nos quedou ben orixinal!!












Este foi o resultado final, temos de todo:  peixes, pulpos, medusas... a que é bonito?

martes, 17 de mayo de 2011

VISITA O ACUARIO A CORUÑA

Fai pouquiño estivemos de excursión no Aquarium da Coruña, pasámolo xenial vendo os peixes, as focas...e aprendendo moitas cousas sobre como viven.

Á volta fixemos o noso propio acuario, e quedounos ben bonito!

 

martes, 12 de abril de 2011

GRACIAS SOL!!!!!

O venres tivemos que agradecerlle ó Sol que fixera posible a nosa merenda!! Grazas ó forno solar que fixo o profe Miguel, convertémonos en cociñeiros e fixemos PIZZA!!! e experiencia foi xenial, e o resultado foi mellor aínda!! que ricoooo!

O forno xa está preparado!

Os ingredientes tamén!!
A cociñar!!

Metémolo no forno....

A comer!!! que rico!