lunes, 11 de abril de 2011

TRABALLAMOS OS ALIMENTOS!

Estivemos traballando o tema dos alimentos! aprendimos moito sobre eles: fixemos unha roda de alimentos onde os clasificamos, analizamos as etiquetas, buscamos información...mirade cantas cantas cousas aprendimos!

miércoles, 6 de abril de 2011

APRENDIMOS MOITO SOBRE OS DENTES!

Visitounos Liliam, a farmacéutica de Rabadeira e contounos cousas moi importantes sobre a hixiene bucal, non so nós aprendimos moitas cousas, senon que tamén se uniron as familias e pasamos un ratiño ben interesante.
Moitas gracias!!

lunes, 28 de marzo de 2011

VISITA SORPRESA

¿A que non sabedes quen nos fixo unha visita a semana pasada? BOB ESPONJA!!!!!!!!!!! foi toda unha sorpresa! E como nos encanta, aprobeitamos o momento para sacar unha foto con el e ensinarlle a nosa clase! Esperamos que repita a visita!!

IRENE ESTIVO DE CUMPLE!

A semana pasada voltamos a estar de celebración, Irene xa cumpleu un aniño máis asique como non podía ser de outra forma, fixemos unha gran festa!!
FELICIDADES!!

domingo, 20 de marzo de 2011

ENTROIDO

Durante o entroido tivemos na nosa aula a visita de Drop, unha gotiña de auga que nos ven a contar cousas de vez en cando, e xunto a el chegamos ó acordo de disfrazarnos de "río". Puxémonos mans á obra e fixemos unhos disfraces de peixes preciosos.
 Despois de traballar moito xa tiñamos todo listo, mirade o resultado:
 Xa que estabamos tan guapos, fomos a celebralo cos demáis nenos do CRA,e fixemos unha festa divertidísima en Esfarrapa, pasámolo xenial!