Como xa hai días que comezou o outono non puidemos esperar máis para ir a comprobalo, asique cargados de cubos e bolsas saímos a ver que atopabamos, mirade o resultado!
Con todas as cousas que vimos decoramos a nosa árbore de outono:
O venres celebramos a festa do Samaín, decoramos cabazas, pintamos pantasmas...e fixemos unha merenda moi moi rica con froitos de outono!! A que ten boa pinta a nosa macedonia??
Despois de un poquiño de medo, era hora de comer!! que rico!
A semana pasada fomos de excursión á panadería Roiser. Foi unha gran saída, pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas, e ademais levamos para a casa un regaliño.
Moitas grazas a todos os panadeiros que se portaron moi ben con nós!