PRIMEIRAMENTE AMOSAR O BEN QUE O PASAMOS NO PATIO CANDO ESTÁ BO TEMPO!
PODEMOS COMER O BOCADILLO NO PATIO
XOGAMOS ÁS MAMÁS E PAPÁS
XOGAMOS CO BALÓN
COIDAMOS DOS FILLOS
AS VECES SON ATA REAIS...
E AGORA ALGUNHAS COUSIÑAS DA CLASE:
AS PEQUES COMEZAMOS A PINTAR COAS ACUARELAS
FACÉMOLO MOI BEN....
OS MAIORES ESTAMOS ESTUDANDO O CORPO E UNHA DAS SUAS PARTES É A BOCA.
CONTAMOS CANTOS DENTES TEMOS E APRENDEMOS AS DIFERENZAS ENTRE DENTES DE LEITE E DENTES DEFINITIVOS.
A PROFE TROUXO DENTADURAS PARA VER MELLOR AS DIFERENZAS ENTRE INCISIVOS, CANINOS E MOLARES.
TAMÉN VIMOS DISTINTOS MODELOS CON APARATOS DE DENTES
AQUÍ SE VEN MELLOR
APRENDEMOS COMO COIDALOS E ALGUNHAS PEQUES PROMETERON DEIXAR O CHUPETE PARA NON TER QUE USAR UN APARATO DESTES. A VER SE O CUMPLEN... JEJE
LEMOS UN CONTO DE MEDO QUE TRATABA SOBRE A ESCURIDADE E O QUE NOS PODE CONFUNDIR ESTA. PARA DARNOS CONTA TAPAMOS OS OLLOS E XOGAMOS A ATOPAR COMPAÑEIROS, RECOÑECELOS POLO TACTO OU ATOPAR ALGUNHAS COUSAS DA AULA. FOI MOI DIVERTIDO!
AS PEQUENAS SEGUIMOS CO TEMA DO OUTONO. TROUXEMOS UNHA ESPIGA Á CLASE E LOGO PINTAMOS UN DEBUXO DELA CON PINTURA DE DEDOS.
TRABALLANDO O CORPO E O OUTONO DECIDIMOS FACER UNHAS ÁRBORES COAS NOSAS PROPIAS MANS DE MODELO.
HABÍA QUE DEBUXALAS NA CARTOLINA
RECORTALAS
E LOGO POÑER BOLIÑAS SIMULANDO FOLLAS DE OUTONO
QUEDARON ASÍ DE FERMOSAS!
ATA AQUÍ ESTA ENTRADA DO MES DE OUTUBRO. QUEDA FACER A DO SAMAÍN, PERO PARA ESO NECESITAMOS QUE OS PAPIS E MAMIS NOS ENVIEDES FOTOS DA FESTA QUE FIXEMOS, XA QUE A PROFE NON SACOU.
UN BICO FORTE E ATA A PRÓXIMA!
Que ben o pasan!! E que sorte tiveron co tempo para xogar fóra!
ResponderEliminarEncántame que nos amoses as cousas que facedes.
Graciñas Miriam.
bueno xa parece que comenzan a vilo tempo mais frio.
ResponderEliminarhaber se lles decoramos a casa da mestra para cando suban a xogar.